miércoles, 13 de junio de 2012

XOGOS MEMORIA MUSICAL ON LINE

Páxina onde se pode atopar xogos de memoria melódica, recoñecemento de esquemas rítmicos... VARIOS NIVEIS
Fai clic na guitarra e poderás acceder aos xogos.

lunes, 14 de mayo de 2012

XOGO AUDITIVO

Pincha sobre o piano e irás a un xogo auditivo para recoñecer os instrumentos da orquestra. 
BOA SORTE E BOA AUDICIÓN!!!

jueves, 3 de mayo de 2012

COÑECENDO OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Cantos instrumentos recoñeces polo seu son? Aquí hai varios videos para practica a audición dos instrumentos e tamén para ver as súas familias

domingo, 15 de abril de 2012

OLA PRIMAVERA!!!












CELEBRAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA CON MOITA COR PERO TAMÉN CON MOITO RITMO. CADA FLOR TEN UNHA FIGURA RÍTMICA CARACTERÍSTICA DAS QUE TEMOS TRABALLADO ATA AGORA.



lunes, 26 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

TWISTER MUSICAL

Colocamos un pentagrama no chan que pode ser feito con cartulina ou pegando directamente no chan 5 tiras adhesivas (de diferentes cores ou da mesma). Facemos equipos, teñen que marcar coa parte do corpo que lle digamos, a nota que digamos. Exemplo: man dereita la --- pé esquerdo fa ... etc.


viernes, 16 de marzo de 2012

O AÑO PITAÑO

“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado po outros músicos de recoñecido prestixio.

As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos nenos/as.

É un libro + CD que conta con pistas de audio das canción,s versión playback e os poemas

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...