Mostrando entradas con la etiqueta tradicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradicións. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de noviembre de 2010

OLENTZERO



Olentzero é unha figura moi coñecida para os nenos/as do País Vasco, xa que unha vez ao ano, baixa da montaña, para traerlle regalos aos pequenos da casa.

A súa figura está ligada a cántigos para animar aos nenos/as a ir para cama cedo a noite de Olentzero ven.










Olentzero joan zaigu Olentzero xa marchou
mendira lanera ao monte a traballar
intentzioarekin coa intención
ikatz egitera. de facer carbón.
Aditu duenean Cando oiu
Jesus jaio dela que o neno Xesús nacera
lasterka etorri da veu correndo
berri ona ematera. a dar a noticia.
Horra! Horra! Velaí ven, velaí ven
Gure Olentzero! o noso Olentzero
(...) (...)

CHEGA O APALPADOR







O Apalpador é unha figura que se está recuperando como parte da tradición galega.
A imaxes foron deseñadas por Leandro Lamas. Aproveito a ocación para invitarvos a que coñezades a súa obra, eu teño varias pinturas del.
Conta a tradición que a noite do 31 de Decembro, o apalpador baixabas das montañas para apalpar a barriga dos máis pequechos e así sabía se pasaran fama ese ano, deixándolle ao seu paso castañas e algún que outro regalo.
Consérvase algún canto relacionado con esta figura.
Hoxe é día do Nadal
día do Noso Señor
ide logo para camiña
que vai vir o Apalpador.
Hoxe é día do Nadal
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...