Preme no seguinte enlace e poderás ver un xogo online para traballar a melodía
https://dl.dropboxusercontent.com/u/286412/curso%202009-10/pentocto.swf
Esta outra para traballar as liñas melódicas
http://gerardodiegoaulademusica.blogspot.com.es/2012/04/cosas.html
Mostrando entradas con la etiqueta xogos musicais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos musicais. Mostrar todas las entradas
martes, 3 de marzo de 2015
martes, 18 de marzo de 2014
CUPS SONG/ CANCIÓN DOS VASOS
XOGO MOI DIVERTIDO E CON CERTA DIFICULTADE PARA
ACOMPAÑAR A MÚSICA "SI ME VOY " DE PAULA ROJO.
TUTORIAL
CANCIÓN
RECOMENDACIÓN
Realizar os ritmos e o xogo dos vasos en posición de círculo, de maneira que cada vez que fagamos o ritmo unha vez, cambiemos de vaso co compañeiro/a, da seguinte maneira: deixamos o noso vaso pola dereita e collemos o que nos chega pola esquerda.
PARA SEGUIR INVESTIGANDO
E por se queredes seguir investigando sons con vasos, aquí hai outro video de maio dificultade
Etiquetas:
cancións,
materiais,
ritmo,
videos,
xogos musicais
domingo, 29 de septiembre de 2013
sábado, 26 de enero de 2013
MÚSICAS DO MUNDO ...
Compilación de músicas do mundo.
Fai click na imaxe!
http://www.joves.org/juegos/jocs.html
Fai click na imaxe!
E aquí podes descubrir moitos xogos do mundo:
Etiquetas:
bailes,
cancións,
interculturalidade,
mundo,
música,
videos,
xogos musicais
lunes, 14 de mayo de 2012
XOGO AUDITIVO
Pincha sobre o piano e irás a un xogo auditivo para recoñecer os instrumentos da orquestra.
BOA SORTE E BOA AUDICIÓN!!!
Etiquetas:
instrumentos,
xogos musicais,
xogos online
lunes, 19 de marzo de 2012
TWISTER MUSICAL
Colocamos un pentagrama no chan que pode ser feito con cartulina ou pegando directamente no chan 5 tiras adhesivas (de diferentes cores ou da mesma). Facemos equipos, teñen que marcar coa parte do corpo que lle digamos, a nota que digamos. Exemplo: man dereita la --- pé esquerdo fa ... etc.
Etiquetas:
actividades,
notas musicais,
xogos musicais
martes, 6 de marzo de 2012
QUE CHEGA O INVERNO ...

Chega o INVERNO e con el os días MÁIS fríos ... e outras veces veñen todavía días MÁIS, MÁIS fríos e neva .... pois na música, pasa algo parecido ao que ocurre na NATUREZA ... hai unhas palabras (que veñen do italiano) e que serven tamén para iso, para dar MÁIS .... e tamén MENOS intensidade.
Sodes capaces de atopar esas palabras neste mural? Bueno, máis ben debería dicir iniciais, pois non está a palabras completa escrita.
Anota todas esas "abreviaturas" e despois en grupos, intentade adiviñar para que se pode utilizar cada unha.



Etiquetas:
actividades,
murais,
parametros do son,
xogos musicais
XOGO RÍTMICO: E TI DE QUE COMPÁS ERES?

Xogo RÍTMICO
Material : cartóns rítmicos en compás de 2/4, 3/4 e 4/4
Organización: 3 equipos (un por cada compás) de 3- 4 xogadores (dependendo do número de alumnado)
Realización: A cada equipo repárteselle unha tarxeta co compás que te toca.
Parte 1: Os cartóns rítmicos atópanse espallados pola aula e cada equipo ten que atopar todos os que se correspondan ao seu compás.
Parte 2: Unha vez atopados todos os cartóns, cada equipo reúnese e decide como vai colocar os compases, a continuación ten que facer o ritmo con palamadas.
Parte 3: Escoller un instrumento de PAI (percusión de altura indeterminada) para interpretar o seu ritmo.
VARIANTE: Unha vez que os equipos xa atoparon os compases e interpretaron, pódese intercambiar os grupos, de tal maneira que todos os equipos pasen polos tres compases.
Etiquetas:
actividades,
materiais,
recursos,
ritmo,
xogos musicais
viernes, 2 de diciembre de 2011
XOGO NOTAS MUSICAIS EN INGLÉS
Xogo online para aprender as notas musicais en Inglés
Preme no seguinte enlace e irás á páxina onde se atopa o xogo
miércoles, 30 de noviembre de 2011
XOGO MUSICAL: XOGO COAS NOTAS

PREPARACIÓN: Imprimir cada cartón individual, recordar pola zona da liña continua e dobrar pola zona da liña discontinua.
ACTIVIDADE 1:
Xogo por parellas onde os nenos/as entre eles xogan a adiviñar as notas. A corrección está polo outro lado así que resulta moi fácil facer a actividade entre eles.
FONTE DO RECURSO: http://linkwaregraphics.com/music/flashcards/notes2/
XOGANDO COAS NOTAS MUSICAIS
Xogo de cartas coas notas musicais.
ACTIVIDADE 1: MEMORIA
Colocar as cartas boca abaixo e facer parellas de notas (Do - do; re - re...). Modalidade: Individual ou en pequeno grupo
ACTIVIDADE 2: BUSCA A TÚA PARELLA
Repártanse as cartas entre os nenos/as, soa unha música e cando paren cada un ten que buscar a súa parella ou grupo, que estará formado por todas as persoas que teñan a mesma nota.
ACTIVIDADE 3: PENTATÓNICA
Variante do anterior, pero agora os grupo faranse polas notas que son da pentatónica e as que non ....
ACTIVIDADE 4: ESCALA
Colocalas como escala ascendente ou descendente
ACTIVIDADE 5: QUEN FALTA?
Ensinar as cartas e despois eliminar unha. O alumando ten que adiviñar cal é a que falta.
Pódese aumentar a dificultade eliminando dúas cartas.
FONTE DO RECURSO: http://www.susanparadis.com/catalog.php?ID=SP814
Etiquetas:
materiais,
notas musicais,
recursos,
xogos musicais
lunes, 3 de octubre de 2011
Ritmo
Unha PPT que che permite imprimir diferentes ritmos e constuir un xogo
Segue este enlace e accederás ao material
Segue este enlace e accederás ao material
Etiquetas:
actividades,
materiais,
recursos,
ritmo,
xogos musicais
domingo, 8 de mayo de 2011
viernes, 18 de marzo de 2011
martes, 15 de marzo de 2011
AS CORES DO OSO POLAR

É un conto musical a través do que podemos traballar as cores e os animais dos Polos.
O conto ...

A música... "As cores do Oso Polar"

O material...
Tarxetas con diferentes cores e a imaxe dun Oso Polar como a que aparece ao principio.
A actividade ...
Consiste en contar o conto e a partir del traballar as cores e /ou os animais do Polo. Temos varias opcións:
Opción 1: Repartir as tarxetas de cores entre os nenos/as (para isto será necesario facer coincidir o número de tarxetas e de nenos/as). Cantamos a canción: Vou facer unha pregunta a resposta atoparás, vou facer unha pregunta non sei se a saberás! É de cor (nomeamos unha cor) .. o osiño Polar. O neno/a que ten esa tarxeta a levanta e a ensina e de seguido vaina pegar ao lado do osiño Polar. Facemos todos un esquema rítmico para contestar: Non. non non non (negra - dúas corcheas - negra) e así con todas as cores ata chegar á branca.
Opción 2: Temos todas as tarxetas colocadas no chan ou no encerado e os nenos/as, por quendas (opción de que a colla quen a atope primeiro) collen a tarxeta que se corresponde coa cor que cantamos.
Opción 3: hai moitas máis ... iso depende de cada persoa
Etiquetas:
actividades,
cancións,
cd,
conto musical,
libros,
materiais,
xogos musicais
domingo, 6 de marzo de 2011
RECOÑECE OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA POLO SEU TIMBRE
PREME NA IMAXE E ATOPARÁS UN XOGO (TIPO TEST) QUE CREI PARA O RECOÑECEMENTO AUDITIVO DALGÚNS DOS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA
ANÍMATE A XOGAR!
Etiquetas:
actividades,
audición,
instrumentos,
materiais,
pasatempos musicais,
TIC,
xogos musicais,
xogos online
sábado, 5 de marzo de 2011
AGRUPA OS INSTRUMENTOS POR FAMILIAS
AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS SON:
- CORDA
- VENTO
- PERCUSIÓN
Clica encima do instrumento que queiras e despois busca o resto que conforman esa familia
Etiquetas:
actividades,
instrumentos,
pasatempos musicais,
TIC,
xogos musicais,
xogos online
domingo, 14 de noviembre de 2010
A MARIOLA RÍTMICA
Xogo rítmico que consiste en tirar un dado e avanzar as posicións que marque facendo os ritmos que hai en cada unha delas. Hai varias "casiñas" que nos obrigan a retroceder ao principio.
As fichas son tapas de diferentes botellas grandes e as "casiñas" están feitas en papel e plastificadas. Xogo de parellas ou individual.
As fichas están recollidas da páxina de Susan Paradis
Etiquetas:
actividades,
materiais,
ritmo,
xogos musicais
miércoles, 27 de octubre de 2010
Os mouchos musicais

http://www.elbuhoboo.com/juegos-infantiles/juegos-infantiles-musica/juegos-infantiles.php
Un recurso que atopei en internet. Se fas clic nos mouchos escoitarás distintos ritmos e poderás facer moitas combinacions diferentes.
Etiquetas:
actividades,
TIC,
xogos musicais,
xogos online
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)





