Mostrando entradas con la etiqueta audición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta audición. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de diciembre de 2013

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Aquí  deixo varios videos que funcionan moi ben cos máis cativos para traballar a
 DISCRIMINACIÓN AUDITIVA.

Hai sons de transportes, animais, o corpo humano e instrumentos musicais.  Primeiro aparece o son para recoñecelo e a continuación o son e a imaxe. Un recurso ben interesante.

jueves, 27 de diciembre de 2012

UNHA SORPRESA MUSICAL




Hoxe acabo de descubrir o novo traballo de PIRILAMPO e a verdade que foi toda unha sorpresa para todos os sentidos.
O traballo, cunha maquetación moi coidada, conta cun CD e un DVD.

No CD atopamos 18 pistas que se corresponden con 9 cancións e as súas versións instrumentais:

1.  VOU DA MAN
2. O CARACOL, COL, COL, COL
3. SETE CORES
4. PIRILAMPO MUSICAL
5. OLLOS DE MEL
6. A VOZ DO SON
7. A GOTA MARIÑA
8. XIRA, XIRA A RODA
9. XOGO, XOGO

No DVD atopamos os videos de todas estas cancións. Teñen moita calidade e de case todas inclúen pequenas coreografías moi ben traballadas que engaden elementos como cintas, instrumentos, cores ... para facer máis vistosa a posta en escea. ADEMAIS este DVD inclúe actividades para Pizarra electrónica pero que tamén valerían para PC. As actividades correspóndense coas cancións: Xogo, xogo, Sete cores, A gota mariña e a voz do son.

TOTALMENTE RECOMENDABLE.

Para min, as mellores cancións: O caracol, Pirilampo, A voz do son e A gota mariña.

Destinado a un público de 1 - 7 anos. Pódese utilizar tanto nas escolas, como na casa.







jueves, 29 de noviembre de 2012

MÚSICA DO MUNDO

Entra e déixate sorprender por distintas músicas chegadas de todos os recantos do mundo

Fai clic na imaxe ...


domingo, 11 de noviembre de 2012

OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Xogo interactivo para coñecer os distintos instrumentos da orquestra.
(en inglés)

http://www.thirteen.org/publicarts/orchestra/

domingo, 21 de octubre de 2012

UNHA RECOMENDACIÓN MUSICAL ...

MARÍA FUMAÇA


CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ


miércoles, 13 de junio de 2012

XOGOS MEMORIA MUSICAL ON LINE

Páxina onde se pode atopar xogos de memoria melódica, recoñecemento de esquemas rítmicos... VARIOS NIVEIS
Fai clic na guitarra e poderás acceder aos xogos.

jueves, 3 de mayo de 2012

COÑECENDO OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Cantos instrumentos recoñeces polo seu son? Aquí hai varios videos para practica a audición dos instrumentos e tamén para ver as súas familias

lunes, 26 de marzo de 2012

viernes, 16 de marzo de 2012

O AÑO PITAÑO

“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado po outros músicos de recoñecido prestixio.

As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos nenos/as.

É un libro + CD que conta con pistas de audio das canción,s versión playback e os poemas

martes, 6 de marzo de 2012

IGUAIS OU DISTINTOS?


ACTIVIDADE DE AUDICIÓN QUE CONSISTE EN RECOÑECER SE SOA IGUAL OU DISTINTOS DOUS EXEMPLOS QUE ESCOITAMOS SEGUIMOS. PODEN SER UNHA MELODÍA OU SIMPLEMENTE NOTAS, DEPENDE DO QUE ESTEAMOS TRABALLANDO. CADA NENO TEN DOUS PEQUENOS CARTACES COMO OS DA FOTO NA MAN,E SEGUDO O QUE ESCOITE TERÁ QUE LEVANTAR UN OU OUTRO.

obs: tamén vale para traballar o ritmo ou a harmonía.

domingo, 6 de marzo de 2011

RECOÑECE OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA POLO SEU TIMBRE

PREME NA IMAXE E ATOPARÁS UN XOGO (TIPO TEST) QUE CREI PARA O RECOÑECEMENTO AUDITIVO DALGÚNS DOS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA


ANÍMATE A XOGAR!

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...