viernes, 28 de enero de 2011

PAZ CON POEMA E CANCIÓN



CANTAROLA DOS NENOS

Amiguiños todos




amiguiños xa,




os nenos de aquí,




os nenos de alá








Os nenos do mundo




todos a cantar




a unha mesma voz




collidos da man.








Cantarola nosa




de amor e de paz.




Leda cantarola,




ledo rebuldar.








Rolda de sorrisos




dende mar a mar,




corazóns abertos,




ollos de amigar.








Amiguiños todos,




amiguiños xa,




os nenos de aquí




e os nenos de alá.


A letra podédela atopar neste libro escrito por Xosé Neira Vilas e Ansinia Miranda: Cantarolas



A música está no CD de Na Virada: Rolada de cantigas


















A MÚSICA E AS EMOCIÓNS

Non fai falla dicir que a música provoca emocións, sentimentos, lembranzas e que unha mesma música pode provocar en dúas persoas, diferentes sensacións ... aí está a súa grandeza!
Esta é unha recompilación orientativa de música que poden servir para vivenciar distintas emocións


LEDICIA




  • A SINFONÍA DOS XOGUETES. Primeiro movemento. Leopold Mozart


  • SINFONÍA Nº 9 EN RE MENOR. OP 125:cuarto movemento "Oda á alegría". Beethoven


  • XÚPITER "PORTADOR DA LEDICIA". Ballet Os Planetas. Gustav Holst


  • OH HAPPY DAY. Edwin Hawkins


  • ALEGRÍA. Antonia Font


  • WHEN YOU SMILE.

TRITEZA



  • LAMENTO DE ARIANNA Monteverdi

  • LACRIMOSA do Requiem en Re menor.Mozart


  • TRENO PARA AS VITIMAS DE HIROSHIMA. Pendereski

  • VIERNES. La oreja de Van Gogh

  • HOPE THERE´S SOMEONE. Antony and the Jonhsons


AMOR



  • CLARO DE LUNA. Beethoven

  • AMOR Y VIDA DE MUJER. Schumann

  • ROMEO E XULIETA. Chaikovski

  • ROMEO E XULIETA. Prokofiev

  • YESTERDAY . J. Lennon e P. Mccartney
  • AMOR A MARES. Guadi Galego e Guillermo Fernández

CELOS

  • OTELO. Verdi

  • PELLEAS E MELISANDE. Debussy

  • WHEN DID YOU STOP LOVING ME,WHEN. Marvin Gaye


A IRA





  • A CONSAGRACIÓN DA PRIMAVERA. 1º cadro. Danza da terra. Stravinski

  • OS PLANETAS, PRIMEIRO MOVEMENTO, "MARTE, DEUS DA GUERRA". G, Holst
  • A PREGUNTA SEN RESPONTA. Charles Ivers

martes, 11 de enero de 2011

PREPARÁNDONOS PARA A PAZ

Dúas cancións para a PAZ e para lembrar o valor dun sorriso: Un sorriso non custa nada e produce moito enriquece a quen o recibe sen empobrecer a quen o da...

SORRÍ (ROSANA)


SORRISO (Ana Torroja)

jueves, 30 de diciembre de 2010

FELIZ 2011 ... MOITOS SONOS PARA REALIZAR E MOITA MÚSICA

Que nunca vos falte un soño por cumplir, un proxecto que realizar e alguen con quen compartilo!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

IMOS CANTA-LOS NADAIS

Col Tartaruga,13.Ed. Galaxia. Vigo 1987 ISBN 84-7154-594-2
As noitiñas de Nadal é un romance que se cantaba o día de noiteboa. Aparece recollido en moitas versións nos cancioneiros galegos, portugueses e casteláns.
Os pastores en Belén

piden licencia pra* entrar; (para)

tamén nosoutros* pedimos (nós)

licencia pra* aquí cantar. (para)

Abran a porta, señores

que de moi lonxe viñemos

sabe Deus se nesta porta

outro ano cantaremos.

Señores que viven

dentro deste casa

escoiten a historia

desta noite santa.

As noitiñas de Nadal,

noites de grande alegría,

camiñando vai Xosé

e maila Virxe María.

Camiñaban pra* Belén. (para)

a Belén levan a guía;

tanto andaban pola noite

como andaban polo día.

E ao chegaren a Belén

toda a sente durmía;

as portas taban* zarradas*, (estaban, pechadas)

o porteiro non abría.


- Abre as portas, porteiro,

a Xosé e mais María.

-Estas portas non se abren

ata que non abra o día.


Foron para unha cabana

pois pousada non había

e nun pesebre de pasa

pariu a Virxe María.


Trouxo un neno tan fermoso

que ó mundo resplandecía;

tanta era a súa pobreza

que nin un pano ela tiña.


Botou as mans á cabeza

a unha cofia que traía;

fixo dela tres pedazos,

donde* ao seu Neno envolvía. (onde)

(...)







sábado, 4 de diciembre de 2010

ABECEDARIO MÚSICA





























Abecedario con motivos musicais para construir palabras e/ou decorar.

Podes atopalo completo no seguinte enderezo:

martes, 30 de noviembre de 2010

BAILANDO PARA QUITAR O FRÍO

PANEL DECORATIVO AMBIENTADO NO NADAL E NO INVERNO A TRAVÉS DUNS DIVERTIDOS PINGÜÍNS QUE NOS PRESENTAN DISTINTOS BAILES DO MUNDO. HAI MOITOS MÁIS PERO ESTES SERÁN OS QUE COÑECEREMOS AO LONGO DESTE NOVO ANO QUE ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR. Algúns detalles do panel:





















































































EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...