viernes, 8 de octubre de 2010
Conto musical sobre o outono
Un conto musical outonal sobre a música de Vivaldi.
Etiquetas:
cancións,
conto musical,
medio ambiente,
musica clásica,
outono,
videos
martes, 5 de octubre de 2010
Valor das figuras e os silencios
Neste sinxelo xogo aos grupos ou parellas, asígnaselles un número e despois vanse repartindo as cartas verdes boca abaixo, gaña o que consiga formar o número (co valor das figuras e silencios) exacto, non vale pasarse nin quedarse "curto". O procedemento é parecido ao xogo de baralla "7 e media". O material de elaboración son: cartulinas verdes, plantillas con figuras e silencios e tesoiras con formas. Teño copia do material, interesados pedir por correo. Material recomendado para segundo e terceiro ciclo, pódese plantear como actividade de repaso ou afianzamento, dependendo do alumnado. Pódese incluir outros valores máis pequenos como a semicorchea e o seu silencio
Etiquetas:
actividades,
materiais,
ritmo,
xogos musicais
50 aniversario de " Los Picapiedra"
Extraído de tomapartituras.wordpress.com

Estes simpáticos debuxos que tantas xeracións animaron coas súas aventuras están de aniversario e que mellor maneira de celebralo na clase de música que tocando na frauta a súa canción. Para 6º EP ou ESO. Non me queda outra cousa que dicir, que YA BA DA BA DUUUUU!!!
martes, 21 de septiembre de 2010
Chas chas /Cha- cha
Instrumento musical da zona dos Andes. Pódese atopar no norte de Arxentina, Bolivia, Perú e Ecuador (de onde trouxen este).
Está formado por un conxunto de pezuñas de cabra que se atan cun fío ancho. Pódese colocar nos tornocelos para acompañar danzas marcando o pulso ou nos brazos. Ademais pódese agarrar coa man e batilo rápido producindo un son forte pero agradable, similar ao son da agua.
martes, 14 de septiembre de 2010
Mural coas notas da escala musical de Do M e as posicións da frauta doce. Cada nota represéntase cunha cor.
Etiquetas:
escala musical,
frauta,
materiais,
paneis decorativos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Panel decorativo de mazás e vermes que representan as principais figuras musicais e silencios. As mazás están feitas en cartulina de diferentes texturas e os vermes en goma eva.