martes, 15 de marzo de 2011

AS CORES DO OSO POLAR



É un conto musical a través do que podemos traballar as cores e os animais dos Polos.


O conto ...


A música... "As cores do Oso Polar"






O material...


Tarxetas con diferentes cores e a imaxe dun Oso Polar como a que aparece ao principio.

A actividade ...

Consiste en contar o conto e a partir del traballar as cores e /ou os animais do Polo. Temos varias opcións:
Opción 1: Repartir as tarxetas de cores entre os nenos/as (para isto será necesario facer coincidir o número de tarxetas e de nenos/as). Cantamos a canción: Vou facer unha pregunta a resposta atoparás, vou facer unha pregunta non sei se a saberás! É de cor (nomeamos unha cor) .. o osiño Polar. O neno/a que ten esa tarxeta a levanta e a ensina e de seguido vaina pegar ao lado do osiño Polar. Facemos todos un esquema rítmico para contestar: Non. non non non (negra - dúas corcheas - negra) e así con todas as cores ata chegar á branca.

Opción 2: Temos todas as tarxetas colocadas no chan ou no encerado e os nenos/as, por quendas (opción de que a colla quen a atope primeiro) collen a tarxeta que se corresponde coa cor que cantamos.

Opción 3: hai moitas máis ... iso depende de cada persoa









domingo, 13 de marzo de 2011

Unha ilusión ...



Desde onte este blogue está inscrito nos V Premio Espiral de Edublogs 2011. Sen dúbida é unha oportunidade para dar o coñecer este traballo e ao mesmo tempo coñecer moitos outros blogues.

domingo, 6 de marzo de 2011

RECOÑECE OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA POLO SEU TIMBRE

PREME NA IMAXE E ATOPARÁS UN XOGO (TIPO TEST) QUE CREI PARA O RECOÑECEMENTO AUDITIVO DALGÚNS DOS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA


ANÍMATE A XOGAR!

sábado, 5 de marzo de 2011

AGRUPA OS INSTRUMENTOS POR FAMILIAS

AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS SON:
  • CORDA
  • VENTO
  • PERCUSIÓN

Clica encima do instrumento que queiras e despois busca o resto que conforman esa familia




SOPA DE LETRAS INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS


miércoles, 23 de febrero de 2011

O INSTRUMENTO PROTAGONISTA DA SEMANA





É unha actividade que se realiza nos primeiros minutos (ou últimos) da sesión. Temos unha caixa con moitos instrumentos da orquestra,un neno ou nena escolle o que vai ser protagonista durante toda a semana. Temos outra caixa con características sobre todos os instrumentos (familia, cómo se toca, materiais, número de cordas, características principais). Despois pegamos todo nun panel que queda á vista de todo o mundo. Escoitamos o instrumento en diferentes gravacións, vemos a través de internet cómo se toca, buscamos nos libros que temos na clase unha pouca información e despois cubrimos a ficha " O instrumento da semana é". Esta actividade pódese facer durante todo un trimestre (no que esteamos traballando os instrumentos) ou acurtar a actividade a un mes. Outra variante e introducir na caixa instrumentos de folclore do mundo.








Algunhas das pistas para os instrumentos




Taboleiro do anuncio do "Instrumento protagonista da semana".



viernes, 18 de febrero de 2011

CUICA

Posiblemente este é un dos instrumentos que mais me costou conseguir e ao que máis aprecio lle teño.


Cuica, instrumento brasileiro de percusión traido polo escravos africanos. Orixinalmente utilizouse en África para cazar leóns. Está feito de membrana e madeira. Consta dun pequeno pao de bambú e dun pequeno pano mollado (que podedes ver na foto xusto enriba do instrumento).
Ten un son moi divertido.















Video sobre a técnica básica da cuica

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...