viernes, 18 de febrero de 2011
GONG
O gong é un instrumento de percusión da familia do metal. Trátase dun disco metálico suspendido dun soporte que se percute cun mazo. A súa orixe é oriental.
BONGÓS DE MARROCOS
É un instrumento de percusión da familia da membrana que ven de Marrocos. Son dous pequenos tambores circulares unidos, a súa particularidade e diferencia con respecto a outro países é que a base está feita de cerámica.

miércoles, 9 de febrero de 2011
PROGRAMA LENMUS

PROGRAMA LENMUS. Pódese descargar gratuitamente en http://www.lenmus.org/ (unha vez dentro da páxina, na marxe esquerda hai que premer en DOWNLOAD). Permite facer exercicios de linguaxe musical, audición (intevalos, acordes, tipos de escalas) e tamén edición de partituras
Etiquetas:
materiais,
programas,
recomendacións,
TIC
martes, 1 de febrero de 2011
viernes, 28 de enero de 2011
PAZ CON POEMA E CANCIÓN

CANTAROLA DOS NENOS
Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
os nenos de alá
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
A letra podédela atopar neste libro escrito por Xosé Neira Vilas e Ansinia Miranda: Cantarolas
A música está no CD de Na Virada: Rolada de cantigas
A MÚSICA E AS EMOCIÓNS
Non fai falla dicir que a música provoca emocións, sentimentos, lembranzas e que unha mesma música pode provocar en dúas persoas, diferentes sensacións ... aí está a súa grandeza!
Esta é unha recompilación orientativa de música que poden servir para vivenciar distintas emocións
LEDICIA
Esta é unha recompilación orientativa de música que poden servir para vivenciar distintas emocións
LEDICIA

- A SINFONÍA DOS XOGUETES. Primeiro movemento. Leopold Mozart
- SINFONÍA Nº 9 EN RE MENOR. OP 125:cuarto movemento "Oda á alegría". Beethoven
- XÚPITER "PORTADOR DA LEDICIA". Ballet Os Planetas. Gustav Holst
- OH HAPPY DAY. Edwin Hawkins
- ALEGRÍA. Antonia Font
- WHEN YOU SMILE.
TRITEZA

- LAMENTO DE ARIANNA Monteverdi
- LACRIMOSA do Requiem en Re menor.Mozart
- TRENO PARA AS VITIMAS DE HIROSHIMA. Pendereski
- VIERNES. La oreja de Van Gogh
- HOPE THERE´S SOMEONE. Antony and the Jonhsons
AMOR
- CLARO DE LUNA. Beethoven
- AMOR Y VIDA DE MUJER. Schumann
- ROMEO E XULIETA. Chaikovski
- ROMEO E XULIETA. Prokofiev
- YESTERDAY . J. Lennon e P. Mccartney
- AMOR A MARES. Guadi Galego e Guillermo Fernández
CELOS
- OTELO. Verdi
- PELLEAS E MELISANDE. Debussy
- WHEN DID YOU STOP LOVING ME,WHEN. Marvin Gaye
A IRA

- A CONSAGRACIÓN DA PRIMAVERA. 1º cadro. Danza da terra. Stravinski
- OS PLANETAS, PRIMEIRO MOVEMENTO, "MARTE, DEUS DA GUERRA". G, Holst
- A PREGUNTA SEN RESPONTA. Charles Ivers
Etiquetas:
emocións,
música,
musica clásica,
musicoterapia
martes, 11 de enero de 2011
PREPARÁNDONOS PARA A PAZ
Dúas cancións para a PAZ e para lembrar o valor dun sorriso: Un sorriso non custa nada e produce moito enriquece a quen o recibe sen empobrecer a quen o da...
SORRÍ (ROSANA)
SORRISO (Ana Torroja)
SORRÍ (ROSANA)
SORRISO (Ana Torroja)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







