jueves, 9 de septiembre de 2010

Sanza o kalimba



Instrumento de orixe africana que ten diferentes nomes: sanza, kalimba, malimba, mbira...


Está formado por a metade dunha cabaza sobre a que se colocan láminas de diferentes tamaños que ao ser pulsadas emiten un son suave e envolvente.

Este chegou de Marrocos.

Pao de chuvia


O Pao de chuvia é un instrumento de percusión formado por un tubo longo e oco (normalmente bambú) que no seu interior ten clavados pequenos paos de bambú e pedras ou sementes que, ao mover o instrumento para os lados, se desprazan dando un son similar á chuvia. O seu orixe é americano, posiblemente da zona dos Andes. Este que presento é da miña colección e veu de Ecuador.

Dominó instrumentos




Xogo de dominó atopado no seguinte enlace(en inglés): http://www.dltk-cards.com/ As imaxes para as fichas pódense imprimir en cor ou en branco e negro.

Recomendacións: pegar as imaxes en cartulina e plastificar para que sexan mais resistentes. O xogo ten un total de 21 fichas e está destinado a grupos pequenos.

jueves, 24 de junio de 2010

Fononimia de Kodaly


Un pequeno agasallo dende a páxina de Susan Paradis. Unha divertida presentación da fononimia de Z. Kodaly

viernes, 4 de junio de 2010

Xogo notas musicais


Coloca cada nota no seu lugar.
Xogo individual ou para pequenos grupos

MATERIAL NECESARIO PARA A ELABORACIÓN
1 folio branco
1 rotulador negro (punta grosa)
Cartulinas negras
Papel de cores




Como xogar? O xogo admite moitas versións
- Adiviñar o nome das notas.
- Colocar as notas no pentagrama..
- Ditados melódicos.
- Adiviñar a nota que sobra e un largo etc.
Moi axeitado para o alumanado NEAE como reforzo.

jueves, 3 de junio de 2010

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...