martes, 6 de marzo de 2012

XOGO RÍTMICO: E TI DE QUE COMPÁS ERES?


Xogo RÍTMICO

Material : cartóns rítmicos en compás de 2/4, 3/4 e 4/4

Organización: 3 equipos (un por cada compás) de 3- 4 xogadores (dependendo do número de alumnado)

Realización: A cada equipo repárteselle unha tarxeta co compás que te toca.

Parte 1: Os cartóns rítmicos atópanse espallados pola aula e cada equipo ten que atopar todos os que se correspondan ao seu compás.

Parte 2: Unha vez atopados todos os cartóns, cada equipo reúnese e decide como vai colocar os compases, a continuación ten que facer o ritmo con palamadas.

Parte 3: Escoller un instrumento de PAI (percusión de altura indeterminada) para interpretar o seu ritmo.

VARIANTE: Unha vez que os equipos xa atoparon os compases e interpretaron, pódese intercambiar os grupos, de tal maneira que todos os equipos pasen polos tres compases.




No hay comentarios:

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...