EXPOSICIÓNS MUSICAIS

miércoles, 27 de octubre de 2010

Os mouchos musicais


http://www.elbuhoboo.com/juegos-infantiles/juegos-infantiles-musica/juegos-infantiles.php

Un recurso que atopei en internet. Se fas clic nos mouchos escoitarás distintos ritmos e poderás facer moitas combinacions diferentes.

martes, 26 de octubre de 2010

Musicoterapia

Unha pequena presentación que elaborei sobre o concepto de musicoterapia e os seus beneficios para os diferentes grupos de idade. Ao final aparece un link para un video de youtube moi interesante sobre o que é a musicoterapia.

miércoles, 13 de octubre de 2010

Canción para o Samaín (primeira versión)

Canción para o Samaín (segunda versión)

Coñecida canción que lle gusta moito aos nenos/as.

Dúas recomendacións

Aquí vos deixo dúas recomendacións ben diferentes pero igualmente apetecibles. Correspóndense coas dúas últimas adquisicións que fixen.


1. DICCIONARIO POR IMÁGENES DE LA MÚSICA






Este dicionario, destinado aos pequenos, está dividido en catro apartados: 1 Xogar cos sons 2. Ler a música. 3. Os instrumentos musicais e 4 Compositores célebres. Moi completo e axeitado tanto como material de apoio na aula ou para facer un presente musical.

Está editado por Panini S.A









2.SWING CAFÉ



Un libro de coidada presentación, como xa nos ten acostumados a editorial Kókinos, que aborda a través dun conto musical a historia do jazz. O conto comeza coa presentación de Zazú, unha cigarra brasileira á que lle gusta cantar e que emprenderá unha viaxe cara América do Norte, onde terá a posibilidade de coñocer de preto o jazz. O conto musical é de Carl Norac, está ilustrado por Rébecca Dautremer e nattrado pola susurrante voz de Clarice Cardell. Totalmente IMPRESCINDIBLE.

viernes, 8 de octubre de 2010

Conto musical sobre o outono


Un conto musical outonal sobre a música de Vivaldi.

Canción sobre o outono


Unha canción para celebrar a chegada dunha nova estación.

martes, 5 de octubre de 2010

Valor das figuras e os silencios

Neste sinxelo xogo aos grupos ou parellas, asígnaselles un número e despois vanse repartindo as cartas verdes boca abaixo, gaña o que consiga formar o número (co valor das figuras e silencios) exacto, non vale pasarse nin quedarse "curto". O procedemento é parecido ao xogo de baralla "7 e media". O material de elaboración son: cartulinas verdes, plantillas con figuras e silencios e tesoiras con formas. Teño copia do material, interesados pedir por correo. Material recomendado para segundo e terceiro ciclo, pódese plantear como actividade de repaso ou afianzamento, dependendo do alumnado. Pódese incluir outros valores máis pequenos como a semicorchea e o seu silencio




50 aniversario de " Los Picapiedra"

Extraído de tomapartituras.wordpress.com
Estes simpáticos debuxos que tantas xeracións animaron coas súas aventuras están de aniversario e que mellor maneira de celebralo na clase de música que tocando na frauta a súa canción. Para 6º EP ou ESO. Non me queda outra cousa que dicir, que YA BA DA BA DUUUUU!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...