miércoles, 13 de octubre de 2010

Dúas recomendacións

Aquí vos deixo dúas recomendacións ben diferentes pero igualmente apetecibles. Correspóndense coas dúas últimas adquisicións que fixen.


1. DICCIONARIO POR IMÁGENES DE LA MÚSICA






Este dicionario, destinado aos pequenos, está dividido en catro apartados: 1 Xogar cos sons 2. Ler a música. 3. Os instrumentos musicais e 4 Compositores célebres. Moi completo e axeitado tanto como material de apoio na aula ou para facer un presente musical.

Está editado por Panini S.A









2.SWING CAFÉ



Un libro de coidada presentación, como xa nos ten acostumados a editorial Kókinos, que aborda a través dun conto musical a historia do jazz. O conto comeza coa presentación de Zazú, unha cigarra brasileira á que lle gusta cantar e que emprenderá unha viaxe cara América do Norte, onde terá a posibilidade de coñocer de preto o jazz. O conto musical é de Carl Norac, está ilustrado por Rébecca Dautremer e nattrado pola susurrante voz de Clarice Cardell. Totalmente IMPRESCINDIBLE.

No hay comentarios:

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...