martes, 5 de octubre de 2010

Valor das figuras e os silencios

Neste sinxelo xogo aos grupos ou parellas, asígnaselles un número e despois vanse repartindo as cartas verdes boca abaixo, gaña o que consiga formar o número (co valor das figuras e silencios) exacto, non vale pasarse nin quedarse "curto". O procedemento é parecido ao xogo de baralla "7 e media". O material de elaboración son: cartulinas verdes, plantillas con figuras e silencios e tesoiras con formas. Teño copia do material, interesados pedir por correo. Material recomendado para segundo e terceiro ciclo, pódese plantear como actividade de repaso ou afianzamento, dependendo do alumnado. Pódese incluir outros valores máis pequenos como a semicorchea e o seu silencio




No hay comentarios:

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...