martes, 16 de abril de 2013
LIBRO -DISCO: XOGOS MUSICAIS ( Luis Prego)
Xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa. Destinado aos xogos musicais iniciáticos.
Como recolle na súa introdución "nos primeiros anos de vida, cando se comeza a formar a personalidade do individuo, a música ten que desempeñar un papel fundamental".
As cantigas aparecen clasificadas por temáticas: ARROLOS, ESQUEMA CORPORAL, XOGOS COS DEDOS DAS MAN, CANTIGAS E RECITADOS PARA QUECER O CORPO E ALOUMIÑAR, XOGOS NO COLO, OS NÚMEROS E AS LETRAS, OS ANIMAIS, CANTIGAS RECITADOS E CONTIÑOS, XOGOS EN MOVEMENTO E XOGOS PARA BAILAR E MOVERSE AO COMPÁS.
Algunhas das que recomendo son: "Non chores peixiño", " Os dedos mariñeiros" "Os esqueletos","Os cinco cans","Pola beira do río","O señor don Gato", "Ola" "Na festa de Santo Andrés" "Chapas nas tamancas", "A galiña trouleira"," Estroupele- Estroupele"...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario