Aquí deixo varios videos que funcionan moi ben cos máis cativos para traballar a
DISCRIMINACIÓN AUDITIVA.
Hai sons de transportes, animais, o corpo humano e instrumentos musicais. Primeiro aparece o son para recoñecelo e a continuación o son e a imaxe. Un recurso ben interesante.
Xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa. Destinado aos xogos musicais iniciáticos.
Como recolle na súa introdución "nos primeiros anos de vida, cando se comeza a formar a personalidade do individuo, a música ten que desempeñar un papel fundamental".
As cantigas aparecen clasificadas por temáticas: ARROLOS, ESQUEMA CORPORAL, XOGOS COS DEDOS DAS MAN, CANTIGAS E RECITADOS PARA QUECER O CORPO E ALOUMIÑAR, XOGOS NO COLO, OS NÚMEROS E AS LETRAS, OS ANIMAIS, CANTIGAS RECITADOS E CONTIÑOS, XOGOS EN MOVEMENTO E XOGOS PARA BAILAR E MOVERSE AO COMPÁS.
Algunhas das que recomendo son: "Non chores peixiño", " Os dedos mariñeiros" "Os esqueletos","Os cinco cans","Pola beira do río","O señor don Gato", "Ola" "Na festa de Santo Andrés" "Chapas nas tamancas", "A galiña trouleira"," Estroupele- Estroupele"...
" A neno e o grilo nun barquiñoª
O músico MAGÍN BLANCO despois de "A nena e o grilo" presenta o seu segundo traballo ilustrado por LEANDRO LAMAS
Está editado por Fol Música.
ONE WOMAN, é unha canción que se acaba de presentar hoxe, día 8 de marzo que anima a promover os dereitos e a igualdade de xénero. Escribiuse para ONU Mulleres. Nela participan cantantes e músicos procedentes de todo o mundo (China, Costa Rica, Malasia, Malí) pero non só é feito por mulleres para mulleres senon tamén para homes, que xuntos, queren transmitir unha mensaxe de unidade e solicariedade
Aquí podedes atopar moitos recursos para traballar desde a música o tema da auga.
CANCIÓNS
* Mensajes de agua (Macaco)
* A gota mariña (Pirilampo)
* O le le (Canciones Infatiles y nanas del Baobab)
* Clin, clan, las gotitas de la lluvia
* Aquarela (Brasil)
* O pirata Metepata (Mamá Cabra), * El pirata Barbarroja
VIDEOS
INSTRUMENTOS (Experimentando o son da auga) - Tambor de agua (ÁFRICA)
- Pau de chuvia
- Copas ou botellas cheas de auga
CONTOS - El pez arcoiris. Ed. Beascoa
- Cantas pingas na cidade. Ed OQO - O home de auga. Ed. Kalandraka