Hoxe acabo de descubrir o novo traballo de PIRILAMPO e a verdade que foi toda unha sorpresa para todos os sentidos.
O traballo, cunha maquetación moi coidada, conta cun CD e un DVD.
No CD atopamos 18 pistas que se corresponden con 9 cancións e as súas versións instrumentais:
1. VOU DA MAN
2. O CARACOL, COL, COL, COL
3. SETE CORES
4. PIRILAMPO MUSICAL
5. OLLOS DE MEL
6. A VOZ DO SON
7. A GOTA MARIÑA
8. XIRA, XIRA A RODA
9. XOGO, XOGO
No DVD atopamos os videos de todas estas cancións. Teñen moita calidade e de case todas inclúen pequenas coreografías moi ben traballadas que engaden elementos como cintas, instrumentos, cores ... para facer máis vistosa a posta en escea. ADEMAIS este DVD inclúe actividades para Pizarra electrónica pero que tamén valerían para PC. As actividades correspóndense coas cancións: Xogo, xogo, Sete cores, A gota mariña e a voz do son.
TOTALMENTE RECOMENDABLE.
Para min, as mellores cancións: O caracol, Pirilampo, A voz do son e A gota mariña.
Destinado a un público de 1 - 7 anos. Pódese utilizar tanto nas escolas, como na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario