Xogo de cartas coas notas musicais.
ACTIVIDADE 1: MEMORIA
Colocar as cartas boca abaixo e facer parellas de notas (Do - do; re - re...). Modalidade: Individual ou en pequeno grupo
ACTIVIDADE 2: BUSCA A TÚA PARELLA
Repártanse as cartas entre os nenos/as, soa unha música e cando paren cada un ten que buscar a súa parella ou grupo, que estará formado por todas as persoas que teñan a mesma nota.
ACTIVIDADE 3: PENTATÓNICA
Variante do anterior, pero agora os grupo faranse polas notas que son da pentatónica e as que non ....
ACTIVIDADE 4: ESCALA
Colocalas como escala ascendente ou descendente
ACTIVIDADE 5: QUEN FALTA?
Ensinar as cartas e despois eliminar unha. O alumando ten que adiviñar cal é a que falta.
Pódese aumentar a dificultade eliminando dúas cartas.
FONTE DO RECURSO: http://www.susanparadis.com/catalog.php?ID=SP814
No hay comentarios:
Publicar un comentario