É un conto musical a través do que podemos traballar as cores e os animais dos Polos.
O conto ...
A música... "As cores do Oso Polar"
O material...
Tarxetas con diferentes cores e a imaxe dun Oso Polar como a que aparece ao principio.
A actividade ...
Consiste en contar o conto e a partir del traballar as cores e /ou os animais do Polo. Temos varias opcións:
Opción 1: Repartir as tarxetas de cores entre os nenos/as (para isto será necesario facer coincidir o número de tarxetas e de nenos/as). Cantamos a canción: Vou facer unha pregunta a resposta atoparás, vou facer unha pregunta non sei se a saberás! É de cor (nomeamos unha cor) .. o osiño Polar. O neno/a que ten esa tarxeta a levanta e a ensina e de seguido vaina pegar ao lado do osiño Polar. Facemos todos un esquema rítmico para contestar: Non. non non non (negra - dúas corcheas - negra) e así con todas as cores ata chegar á branca.
Opción 2: Temos todas as tarxetas colocadas no chan ou no encerado e os nenos/as, por quendas (opción de que a colla quen a atope primeiro) collen a tarxeta que se corresponde coa cor que cantamos.
Opción 3: hai moitas máis ... iso depende de cada persoa
No hay comentarios:
Publicar un comentario