miércoles, 23 de febrero de 2011

O INSTRUMENTO PROTAGONISTA DA SEMANA





É unha actividade que se realiza nos primeiros minutos (ou últimos) da sesión. Temos unha caixa con moitos instrumentos da orquestra,un neno ou nena escolle o que vai ser protagonista durante toda a semana. Temos outra caixa con características sobre todos os instrumentos (familia, cómo se toca, materiais, número de cordas, características principais). Despois pegamos todo nun panel que queda á vista de todo o mundo. Escoitamos o instrumento en diferentes gravacións, vemos a través de internet cómo se toca, buscamos nos libros que temos na clase unha pouca información e despois cubrimos a ficha " O instrumento da semana é". Esta actividade pódese facer durante todo un trimestre (no que esteamos traballando os instrumentos) ou acurtar a actividade a un mes. Outra variante e introducir na caixa instrumentos de folclore do mundo.








Algunhas das pistas para os instrumentos




Taboleiro do anuncio do "Instrumento protagonista da semana".



No hay comentarios:

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...