EXPOSICIÓNS MUSICAIS

viernes, 28 de enero de 2011

PAZ CON POEMA E CANCIÓN



CANTAROLA DOS NENOS

Amiguiños todos




amiguiños xa,




os nenos de aquí,




os nenos de alá








Os nenos do mundo




todos a cantar




a unha mesma voz




collidos da man.








Cantarola nosa




de amor e de paz.




Leda cantarola,




ledo rebuldar.








Rolda de sorrisos




dende mar a mar,




corazóns abertos,




ollos de amigar.








Amiguiños todos,




amiguiños xa,




os nenos de aquí




e os nenos de alá.


A letra podédela atopar neste libro escrito por Xosé Neira Vilas e Ansinia Miranda: Cantarolas



A música está no CD de Na Virada: Rolada de cantigas


















No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...