sábado, 6 de noviembre de 2010

CHEGA O APALPADOR







O Apalpador é unha figura que se está recuperando como parte da tradición galega.
A imaxes foron deseñadas por Leandro Lamas. Aproveito a ocación para invitarvos a que coñezades a súa obra, eu teño varias pinturas del.
Conta a tradición que a noite do 31 de Decembro, o apalpador baixabas das montañas para apalpar a barriga dos máis pequechos e así sabía se pasaran fama ese ano, deixándolle ao seu paso castañas e algún que outro regalo.
Consérvase algún canto relacionado con esta figura.
Hoxe é día do Nadal
día do Noso Señor
ide logo para camiña
que vai vir o Apalpador.
Hoxe é día do Nadal
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

No hay comentarios:

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...